MEMORIA SOBRE A
CREACIÓN DUN TRAMO DE ADESTRAMENTO DE LANCE NO
COUTO DE PESCA DE
COUSO (RÍO ULLA)
A mediados de maio
de 2017, concretamente ó día 16, recíbese por correo electrónico
unha
solicitude por parte
dun particular para a creación dunha zona para realizar a actividade
de
adestramento de
lance con cana de pescar no couto de Couso (Río Ulla).
No comité
provincial de pesca de Pontevedra na sesión ordinaria celebrada o 14
de setembro
de 2017 tratouse a
mencionada solicitude. Na acta deste comité dícese textualmente:
“Con
respecto á proposta
de creación dunha zona de adestramento no couto de Couso, algunha
das
sociedades presentes
mostraron dúbidas sobre o seu funcionamento. Tralo debate
establecido
sobre esta proposta
chégase á conclusión de que debe ser mellor estudada. Finalmente
proponse elaborar un
plan sobre esta zona de adestramento que inclúa un período de
descanso na época
de freza de salmónidos e unha formula que garanta o acceso de todos
os
pescadores que o
soliciten”.
No comité galego de
pesca celebrado en Santiago de Compostela o día 25 de outubro de
2017
tamén se tratou
esta proposta sendo defendida pola persoa que cursara a solicitude.
Trala celebración
do comité galego de pesca dende o servizo provincial iniciouse a
redacción
das normas da zona
de adestramento co obxectivo de que puidera iniciar o seu
funcionamento
na tempada 2018. Co
motivo da celebración dun Comité permanente de pesca o día 23 de
novembro de 2017,
presentáronse as normas da zona de adestramento, sendo aprobadas.
O Regulamento de
ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos
continentais,
aprobado polo
Decreto 130/1997, sinala no punto 2 que os expedientes de creación,
modificación e
supresión de coutos iniciarase de oficio nos servizos provinciais de
conservación
da natureza,
correspondéndolle á Dirección Xeral de Patrimonio Natural a
competencia para a
súa resolución. O
punto 3 do citado regulamento indica que os expedientes serán
sometidos a
trámite de
información pública durante un prazo non inferior a 15 días, que
será anunciado no
DOG e informado polo
Comité Provincial de Pesca Fluvial. Por este motivo envíase a súa
publicación ó DOG
a resolución do xefe territorial ara a exposición pública do
expediente desta
solicitude de
creación dunha zona de adestramento no couto de Couso (Río Ulla).
Fuente: Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario