viernes, 16 de marzo de 2018

Normas zona adiestramiento de lance en el río Ulla


NORMAS A SEGUIR NA ZONA DE ADESTRAMENTO DE LANCE NO
COUTO DE COUSO (RÍO ULLA)

O Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos
continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, sinala artigo 15 apartado 2 que
os expedientes de creación, modificación e supresión de coutos iniciarase de
oficio nos servizos provinciais de conservación da natureza, correspondéndolle
á Dirección Xeral de Patrimonio Natural a competencia para a súa resolución.
O punto 3 do citado regulamento indica que os expedientes serán sometidos a
trámite de información pública durante un prazo non inferior a 15 días, que será
anunciado no DOG e informado polo Comité Provincial de Pesca Fluvial.
Por isto, o Servizo de Conservación da Natureza en Pontevedra, unha vez
creada esta zona de adestramento, determina as seguintes normas:

Normas da zona de adestramento

A zona de adestramento de lance no coto do Couso, poderán acudir todos
aqueles pescadores que teñan a licencia de pesca en vigor. So poderán
adestrar na zona habilitada, e terán dereito ao adestramento por orde de
chegada a cada postura.

Unha vez finalizada a tempada de pesca, o día 30 de setembro, poderase
acceder á zona de adestramento de lance situada dentro do couto de Couso,
no río Ulla, coas seguintes restricións:

a) Período de adestramento

- de xoves a domingo.
- dous períodos cunha parada de dous meses (do 15 de novembro ó 15
de febreiro) pola reprodución dos salmónidos:
Primeiro período: do 1 de outubro ao 15 de novembro ambos
inclusive.
Segundo período: do 15 de febreiro ao 30 de abril ambos inclusive.

b) Horario: das 10:00 horas ata as 18:00 horas no primeiro período e das
8:30 horas ata as 19:30 horas no segundo período.

c) Límites da zona:

- Augas arriba: a pasarela colgante do Xirimbao.
Coordenadas UTM Huso 29 Datum ETRS89, X= 536.290,43
Y=4,732,687,85

- Augas abaixo: 250 metros augas abaixo da pasarela ata pasar polo
quinto posto de pesca en ambas marxes.
Coordenadas UTM Huso 29 Datum ETRS89, X= 536.052,154
Y=4.732.746,97

d) Limitación de engados

Só se autoriza o emprego de mosca sen anzois enteiros, deberá estar
habilitada só a tixa plana para o pelo ou pluma da mosca e o anzol
deberá estar seccionado no inicio da curvatura traseira.

e) Outras limitacións:

1. - Non poderá haber mais de 10 pescadores en acción á vez, na zona
na que están habilitados os 10 postos (5 en cada marxe).

2.- Cada pescador non poderá exceder o tempo de 30 minutos na
postura, se outro pescador a solicita.

Comunicase que durante ese período están autorizados algúns descensos de
rafting o kayak que poderán interferir a actividade de adestramento de lance.

Facúltase a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio, para ditar cantos actos e resolucións
sexan necesarios para regular o acceso á zona.



Fuente: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario