NORMAS A SEGUIR NA
ZONA DE ADESTRAMENTO DE LANCE NO
COUTO DE COUSO (RÍO
ULLA)
O Regulamento de
ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos
continentais,
aprobado polo Decreto 130/1997, sinala artigo 15 apartado 2 que
os expedientes de
creación, modificación e supresión de coutos iniciarase de
oficio nos servizos
provinciais de conservación da natureza, correspondéndolle
á Dirección Xeral
de Patrimonio Natural a competencia para a súa resolución.
O punto 3 do citado
regulamento indica que os expedientes serán sometidos a
trámite de
información pública durante un prazo non inferior a 15 días, que
será
anunciado no DOG e
informado polo Comité Provincial de Pesca Fluvial.
Por isto, o Servizo
de Conservación da Natureza en Pontevedra, unha vez
creada esta zona de
adestramento, determina as seguintes normas:
Normas da zona de
adestramento
A zona de
adestramento de lance no coto do Couso, poderán acudir todos
aqueles pescadores
que teñan a licencia de pesca en vigor. So poderán
adestrar na zona
habilitada, e terán dereito ao adestramento por orde de
chegada a cada
postura.
Unha vez finalizada
a tempada de pesca, o día 30 de setembro, poderase
acceder á zona de
adestramento de lance situada dentro do couto de Couso,
no río Ulla, coas
seguintes restricións:
a) Período de
adestramento
- de xoves a
domingo.
- dous períodos
cunha parada de dous meses (do 15 de novembro ó 15
de febreiro) pola
reprodución dos salmónidos:
Primeiro período:
do 1 de outubro ao 15 de novembro ambos
inclusive.
Segundo período: do
15 de febreiro ao 30 de abril ambos inclusive.
b) Horario: das
10:00 horas ata as 18:00 horas no primeiro período e das
8:30 horas ata as
19:30 horas no segundo período.
c) Límites da zona:
- Augas arriba: a
pasarela colgante do Xirimbao.
Coordenadas UTM Huso
29 Datum ETRS89, X= 536.290,43
Y=4,732,687,85
- Augas abaixo: 250
metros augas abaixo da pasarela ata pasar polo
quinto posto de
pesca en ambas marxes.
Coordenadas UTM Huso
29 Datum ETRS89, X= 536.052,154
Y=4.732.746,97
d) Limitación de
engados
Só se autoriza o
emprego de mosca sen anzois enteiros, deberá estar
habilitada só a
tixa plana para o pelo ou pluma da mosca e o anzol
deberá estar
seccionado no inicio da curvatura traseira.
e) Outras
limitacións:
1. - Non poderá
haber mais de 10 pescadores en acción á vez, na zona
na que están
habilitados os 10 postos (5 en cada marxe).
2.- Cada pescador
non poderá exceder o tempo de 30 minutos na
postura, se outro
pescador a solicita.
Comunicase que
durante ese período están autorizados algúns descensos de
rafting o kayak que
poderán interferir a actividade de adestramento de lance.
Facúltase a persoa
titular da Xefatura Territorial da Consellería de Medio
Ambiente e
Ordenación do Territorio, para ditar cantos actos e resolucións
sexan necesarios
para regular o acceso á zona.
Fuente: Xunta de Galicia