A continuación se especifica la Resolución de la Xunta de Galicia, por la que se fijan las normas de los sorteos y de venta de permisos de pesca en cotos para la temporada 2019. Destaca, en un afán recaudador desorbitado, el pago en concepto de tasas de 6 euros por pescador para acudir al sorteo.
III. Outras
disposicións
Consellería
de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
RESOLUCIÓN
do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se
fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a
tempada 2019.
Segundo o
disposto no artigo 34 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o
Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos
continentais, os sorteos de permisos de pesca en coutos realizaranse nos
servizos provinciais de Conservación da Natureza, segundo a normativa que fixe
a Dirección Xeral de Patrimonio Natural para cada tempada, logo da adxudicación
de cotas diarias para concursos deportivos oficiais e do sorteo de cotas
diarias para entidades colaboradoras.
Os permisos
sobrantes dos procedementos anteriores poranse á disposición das persoas
interesadas en centros de venda habilitados para o efecto polos servizos
provinciais de Conservación da Natureza. Para atender a demanda prevista,
facilitarase tamén a adquisición de permisos a través da páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal, que funcionará como centro de venda habilitado
para o efecto.
De
conformidade co anterior, as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca
en coutos para a tempada 2019 serán as seguintes:
Primeira.
Obxecto
O obxecto
destas normas é adxudicar mediante sorteo os permisos de pesca fluvial en
coutos para a tempada de 2019 (códigos dos procedementos administrativos:
MT807B e MT807C).
En cada
servizo provincial de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos:
1. Sorteo de
salmón: incluirá os permisos de coutos de salmón, mesmo os de pesca sen morte
en coutos de salmón.
2. Sorteo de
troita: incluirá os permisos de troita, de reo, de pesca intensiva e aqueles de
pesca sen morte non incluídos no sorteo anterior.
Segunda.
Calendario
Inicio do
período de presentación de solicitudes: ao día seguinte da publicación desta
resolución no DOG, ás 9.00 horas.
Límite de
presentación de solicitudes: 20 de novembro de 2018, ás 14.00 horas.
Publicación
das listaxes provisionais de persoas excluídas e admitidas: 27 novembro de
2018.
Publicación
das listaxes definitivas de persoas excluídas e admitidas: 12 de decembro de
2018.
Data de
sorteo: 20 de decembro de 2018, ás 12.00 horas.
Os
resultados dos sorteos, as listaxes de participantes coa orde resultante, a
data e a hora de escolla de cada participante e demais datos e normas
aplicables publicaranse na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal. O acceso
á aplicación requirirá o NIF e máis o número da licenza de pesca fluvial.
Terceira.
Tipos de solicitudes
Para cada
sorteo poderán presentarse solicitudes para participación individual ou para
participación en grupo, cun máximo de tres solicitantes por grupo.
As
solicitudes individuais ou de creación dun grupo de participantes formularanse
conforme o procedemento administrativo MT807B (anexo I desta resolución).
As
solicitudes en grupo requirirán unha persoa responsable do grupo que presente
unha primeira solicitude en que identifique, no punto correspondente, as demais
persoas participantes. Esta primeira solicitude formularase conforme o
procedemento administrativo MT807B (anexo I desta resolución). Posteriormente,
quen forme parte dese grupo deberá presentar a solicitude regulada no
procedemento administrativo MT807C (anexo II desta resolución) cos datos que
nel se requiren.
Cada
participante só poderá figurar nunha solicitude individual ou nun grupo para
cada un dos sorteos.
Cuarta.
Requisitos das solicitudes
Para
participar nos sorteos é preciso ser titular dunha licenza de pesca fluvial en
vigor no momento de presentar a solicitude. Para o cumprimento deste requisito
terán a mesma validez as licenzas autonómicas e interautonómicas de pesca
fluvial.
A
participación nos sorteos, individual ou en grupo, requirirá o pagamento da
taxa establecida no anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30
de xuño de 1992, modificado por Resolución da Axencia Tributaria de Galicia do
20 de decembro de 2017, co código 30.14.12 e denominación «Participación en
sorteos de distribución de permisos de pesca fluvial». Con esta finalidade, a
toda solicitude de participación xuntaráselle a acreditación do pagamento nunha
das entidades financeiras colaboradoras da Axencia Tributaria de Galicia ou
mediante as modalidades de pagamento de taxas e prezos da páxina web da Axencia
Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria, http://www.atriga.gal).
Quinta.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As
persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a)
Xustificante do pagamento das taxas administrativas.
b)
Acreditación da representación, de ser o caso.
2. A
documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que
presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do
documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente,
as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria
presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa
reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre
que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude
deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de
rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Sexta.
Presentación das solicitudes
As
solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos
formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente,
poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e
rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
Para a
presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de
identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia,
incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.gal/chave365).
Sétima.
Comprobación de datos
1. Para a
tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos
nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou
NIE da persoa solicitante.
b) Vixencia
da licenza de pesca fluvial da persoa solicitante na data de presentación da
solicitude.
c) NIF da
entidade representante, de ser o caso.
d) DNI ou
NIE da persoa representante, de ser o caso.
Excepcionalmente,
no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados
datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos
correspondentes.
2. No caso
de que un mesmo NIF conste en varias solicitudes para un mesmo sorteo,
anularanse as máis antigas, prevalecendo sempre a última data de rexistro de
entrada, telemática ou presencial. No caso de solicitudes en grupo, as
anulacións afectarán unicamente aqueles NIF repetidos. Non se considerarán
duplicidades cando as solicitudes presentadas teñan por obxecto diferentes
sorteos.
Oitava.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede
electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha
serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites
administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes
modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da
persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as
persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das
solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares
e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
As listaxes
provisionais das persoas excluídas e admitidas faranse públicas na páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal. Tamén poderán consultarse nas xefaturas
territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así
como na Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
As persoas
solicitantes terán un prazo de 10 días naturais, contados desde a data de
exposición pública da relación provisional de persoas admitidas e excluídas,
para efectuar as reclamacións que consideren oportunas. As ditas reclamacións
entenderanse resoltas coa publicación das listaxes definitivas.
Excluiranse
todas aquelas persoas participantes que non posúan licenza de pesca fluvial en
vigor no momento da presentación da solicitude.
Unha vez
comprobadas as reclamacións presentadas contra as listaxes provisionais,
publicaranse as listaxes definitivas na páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal. Tamén poderán consultarse nas xefaturas
territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así
como na Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Novena.
Realización dos sorteos
En cada
sorteo, as solicitudes numeraranse correlativamente, comezando polo 1, segundo
a orde de entrada da solicitude.
Os sorteos
serán públicos. Cada sorteo realizarase con tres ou catro bombos, segundo sexa
preciso polo número de solicitudes presentadas, correspondendo cada un deles ás
unidades, decenas, centenas e unidades de millar. En cada bombo introduciranse
dez números, do 0 ao 9, excepto no que corresponda ás unidades de millar, en
que unicamente se introducirán os números necesarios para cubrir os miles de
solicitudes presentadas. Sacarase un número completo formado por tres ou catro
bólas, segundo proceda. No caso de que o número constituído polas bólas exceda
o que corresponda á última solicitude presentada, procederase a sortear de
novo, devolvendo as bólas aos correspondentes bombos e repetindo a operación.
A solicitude
que se corresponda co número extraído será a primeira en elixir e continuarase
a elección por orde correlativa ata rematar a listaxe e seguir a partir do 1.
Os sorteos
terán lugar nos servizos provinciais de Conservación da Natureza na data e na
hora antes indicadas.
Décima.
Resultados dos sorteos
Os
resultados dos sorteos poderán consultarse na páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal
Cada
solicitante poderá consultar na citada páxina o día e mais o rango horario en
que poderá escoller os permisos. Tamén se facilitarán os datos de contacto para
a escolla telefónica e o pagamento dos permisos.
Os
resultados dos sorteos, quendas de escolla e demais datos antes indicados non
se comunicarán de xeito individual.
Décimo
primeira. Notificacións
1. As
notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse
preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas
interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas
que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e
comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou
deixen de practicar por medios electrónicos.
2. As
notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica
de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de
Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas
avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono
móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso,
efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a
notificación sexa considerada plenamente válida.
3. A persoa
interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a
notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas
obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar, en
todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin
produza efectos no procedemento unha opción diferente.
4. As
notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no
que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios
electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo
interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a
posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o
envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a
Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a
notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común.
Décimo
segunda. Escolla de permisos tralo sorteo
Para a
escolla de permisos de troita e reo, os servizos provinciais de Conservación da
Natureza establecerán grupos de permisos de pesca. Para os permisos de salmón
haberá un só grupo en cada provincia. A listaxe dos grupos será publicada na
páxina web https://pescafluvial.xunta.gal
Á hora da escolla,
cada solicitante só poderá seleccionar dous permisos de cada grupo, dos cales
só un poderá corresponderse cun sábado, domingo ou festivo. Nos sorteos de
salmón só se poderá escoller un permiso.
Na páxina
web https://pescafluvial.xunta.gal poderá consultarse en tempo real o número de
permisos dispoñibles en cada couto e para cada xornada de pesca.
A escolla
poderá realizarse por calquera dos seguintes medios:
1.
Directamente na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal na data e rango
horario resultantes dos sorteos, introducindo previamente o NIF e mais o número
da licenza de pesca.
A persoa
usuaria poderá realizar comprobacións e reservas previas antes da súa quenda, e
mesmo gravar os datos da reserva, pero só se poderá confirmar unha reserva
previa dentro da data e do rango horario asignados á persoa solicitante,
existindo a posibilidade de cambiar os permisos que xa non estean dispoñibles.
Rematado o
rango horario sen terse producido a escolla, a persoa usuaria non terá
dispoñible o servizo web durante os rangos horarios asignados a outras persoas
participantes. Completadas as quendas de escolla do día, e ata as 8.00 horas do
día seguinte, calquera persoa que non escollese na súa quenda poderá escoller
de entre os permisos dispoñibles en cada momento ata o remate do período de
escolla da primeira venda.
2. Mediante
chamada telefónica ao número que se faga público na páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal, na cal tamén se sinalarán a data e o rango
horario en que deberá realizarse esta chamada.
Unha vez
confirmada unha reserva por calquera dos medios previstos, non poderá ser
modificada pola persoa solicitante.
Décimo
terceira. Segunda venda de permisos
Unha vez
rematada a escolla, os permisos sobrantes e aqueles non retirados nos prazos
fixados serán incluídos nun segundo proceso de escolla.
A segunda
venda dos sorteos de salmón realizarase en orde inversa respecto da primeira
venda. A escolla poderá realizarse directamente na páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal ou mediante chamada telefónica ao número que se
faga público na antedita páxina, coas mesmas normas ca na primeira venda.
A data de
inicio e o rango horario de escolla de cada participante publicaranse na páxina
web https://pescafluvial.xunta.gal
A segunda
venda do resto dos sorteos será unicamente a través da páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal. O servizo de reserva mediante a internet estará
dispoñible ininterrompidamente para todas as persoas participantes no sorteo a
partir da data e hora de inicio que se establezan.
Tres días antes
do comezo da escolla publicarase na páxina web indicada o total dos permisos
dispoñibles para esta segunda escolla.
As normas,
en canto aos grupos de coutos, o número de permisos por grupo e requisitos de
acceso, serán as mesmas que na primeira escolla, en todos os casos.
Décimo
cuarta. Venda libre
Os permisos
sobrantes non escollidos e aqueles non retirados nos prazos fixados serán
postos á venda nos centros de venda habilitados para o efecto polos servizos
provinciais de Conservación da Natureza, regulados no artigo 35 do Decreto
130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da
pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Para atender a demanda
prevista, facilitarase tamén a adquisición de permisos a través da páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal, que funcionará como centro de venda habilitado
para o efecto. Para a venda a través da internet reservarase, como mínimo, o 50
% dos permisos sobrantes en cada couto para cada xornada de pesca.
O acceso á
venda libre telemática requirirá o NIF e mais o número dunha licenza de pesca
fluvial vixente nese momento ou nos 12 meses anteriores.
Na venda
libre só se poderá adquirir un permiso diario.
Décimo
quinta. Pagamento e expedición de permisos
No prazo de
5 días naturais, contados desde a data da escolla, os permisos seleccionados
deberán ser pagados nunha das entidades financeiras colaboradoras da Axencia
Tributaria de Galicia ou mediante as modalidades de pagamento de taxas e prezos
da páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria,
http://www.atriga.gal), accesibles tamén desde a páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal
Segundo o
establecido no artigo 7.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se
aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos
continentais, os permisos de pesca teñen carácter persoal e intransferible;
cada titular de permisos debe realizar o pagamento individualmente, mesmo nos
casos de solicitudes en grupo.
Nos pagamentos
realizados a través da ligazón dispoñible nos «servizos privados» da páxina web
https://pescafluvial.xunta.gal (que inclúe a opción de pagamento telemático
presencial con código NRC) os permisos poderán imprimirse na aplicación
informática logo de completar o pagamento.
Noutras
modalidades de pagamento, dentro do mesmo prazo de 5 días naturais establecido
anteriormente, remitirase ao servizo provincial copia da documentación
xustificativa do ingreso. Os enderezos de correo electrónico para esta finalidade
indicaranse na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal. Nestes casos, os
permisos serán remitidos por correo postal ao enderezo que conste na
solicitude.
En calquera
momento logo de completar calquera dos procedementos anteriores, cada
participante poderá acceder a todos os seus permisos en formato descargable e
imprimible a través da páxina web https://pescafluvial.xunta.gal
Na fase de
venda libre poderán adquirirse permisos presencialmente nos servizos
provinciais de Conservación da Natureza ou nas casas expedidoras habilitadas
para o efecto. Na adquisición telemática, a aplicación informática habilitará a
impresión dos permisos adquiridos, que, en ningún caso, serán remitidos por
correo postal desde un servizo provincial.
Décimo
sexta. Renuncia a permisos reservados
A falta de
pagamento nos prazos establecidos entenderase como unha renuncia á reserva e os
permisos serán incluídos na seguinte rolda de escolla.
As persoas
que non realicen o pagamento dos permisos dentro do prazo establecido, non poderán
adquirir novos permisos na aplicación informática, agás circunstancias de forza
maior documentalmente acreditadas. A liquidación dos pagamentos pendentes
habilitará novamente a adquisición de permisos na fase de venda libre.
Décimo
sétima. Outras normas
A normativa
de funcionamento dos coutos será a que estableza a orde anual que regulará os
períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais
da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2019. En todo caso, o
emprego dos permisos de pesca outorgados por parte das persoas usuarias estará
condicionado ao cumprimento da antedita disposición normativa.
Logo da
expedición dun permiso, non se poderá anular nin transferir a outra persoa nin
obter o reintegro do seu importe. En todo caso, cando proceda o reintegro do
importe, será preciso presentar unha solicitude á cal se xunte unha copia do
impreso de pagamento en que figuren os datos da persoa titular do permiso.
Décimo
oitava. Información básica sobre protección de datos persoais
Os datos
persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de
responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación
do Territorio coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que
se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e
contidos da carpeta cidadá.
O tratamento
dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no
exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento
incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas
referencias recollidas en
https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo,
determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas
interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.
Os datos
serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas
competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus
procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á
información relativa a unha materia.
Co fin de
darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das
persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma
reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que
dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de
anuncios.
As persoas
interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como
exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede
electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros
establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común,
segundo se explicita na información adicional recollida en https:// www.
xunta.gal/proteccion-datos-persoais
Décimo
novena. Actualización de modelos normalizados
Os modelos
normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados na presente
disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e
adaptados á normativa vixente. A estes efectos, será suficiente a publicación
destes modelos adaptados ou actualizados na sede electrónica da Xunta de
Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas.
Santiago de
Compostela, 15 de outubro de 2018
Belén María
do Campo Piñeiro
Directora
xeral de Patrimonio Natural
No hay comentarios:
Publicar un comentario