Juan
Ignacio, con chaleco, trata de impedir o varamento dun caldeirón na praia de
Bares
|
Os
varamentos masivos (máis de tres exemplares) de caldeirón tropical producidos
na ría de Bares O Barqueiro (Mañón) en 1998 e hai tres semanas constitúen unha
magnífica fonte de coñecemento para a comunidade científica. E tamén permitirán
fixar unha mellor estratexia de actuación ante futuros casos, asegura Juan
Ignacio Díaz da Silva.
-Os
varamentos masivos de cetáceos son excepcionais...
-En Europa
non son frecuentes, pero si en Australia. E alí non varan 20 caldeiróns, senón
100; teñen protocolos, unidades móbiles, e saben como actuar, que animal
atender primeiro. Nos últimos 20 anos nesta zona houbo varamentos masivos de
cachalote pigmeo, en San Xurxo, de golfiño común na enseada da Malata, de
golfiño riscado no Barqueiro, esta ría é unha trampa para os cetáceos...
-¿Cales
foron as causas da varada de caldeiróns en Bares?
-Eran catro
machos e 18 femias. Non tiñan nada de alimento no estómago e todos, salvo unha
cría nacida este ano, tiñan parásitos nos senos dos oídos, causa que se
relaciona cos varamentos masivos (por certo, unha femia tiña un feto duns 30
centímetros). E as defecacións eran de bilis. Hai unha poboación estable e
numerosa entre Azores e Canarias e outra ao este de Estados Unidos, que se
podería ter trasladado aquí usando como fío condutor a propia corrente do
Golfo, augas cálidas. Están afeitos a alimentarse en zonas moi concretas e
cando migran por algunha razón non se alimentan. As mandas son matriarcados,
cunha estrutura social moi forte. Non vararon en batería, senón en piña, todos
xuntos nese momento final...
-¿Cre que
sufriron?
-Parece que
non porque hai unha glándula que se hincha en situacións de estrés e non o
estaba. Pero tiveron que sufrir polo efecto de tracción, ao arrastralos.
-¿Axudará a
coñecelos mellor?
-Si, neste
varamento fixéronse necropsias moi completas, estudos de dentición,
recolléronse mostras xenéticas e hai moitos documentos gráficos que nos van
servir para estudiar o seu comportamento, cal varou primeiro, porque era coma
se un dixera ?agora? e collían carrerilla... As poboacións de Canadá e Estados
Unidos están fotoidentificadas, poderemos cotexar datos e con iso imos saber de
forma inmediata de que grupo proceden. Os caldeiróns que sobreviven a un
varamento tenden a volver a varar, quen sabe se non sería algún dos que se salvaron
no 98.
No hay comentarios:
Publicar un comentario