Enésimo artículo de la Voz, esta vez dándole "vidilla" a los pescadores deportivos
«A destrución do mar non ven por nós, a selectividade do anzó nunca lle fixo dano ao mar»
Con toda unha vida ao redor do mar, Bernárdez coñece moi ben o ámbito profesional e tamén o da pesca deportiva, ao levar 18 anos xubilado.
-¿Cal é a situación da sétima lista na actualidade?
-É un sector moi extenso. Hai o clásico barco de recreo, que son a maioría, e tamén os dos xubilados do mar. Hai moitos mariñeiros que mentres traballan cren que o xubilado é o inimigo, e cando collen a xubilación ven que non fixeron ben en non defender a este sector.
-A abundante lexislación ¿prexudica ou beneficia?
-Todo o mundo quere respectar o mar e eu creo que poden convivir a pesca profesional e a recreativa. En canto ás normativas, en moitos casos prexudican sen razón e sen motivo algún, como iso de prohibir a pesca selectiva nas illas Atlánticas, pero si permitir a profesional, ademais de que nós tamén temos que pedir permiso para navegar e fondear alí. Iso non se entende.
-¿Como se levan coas confrarías?
-Ben. Hai asociacións na federación que gozan de espazos das confrarías. Eu non teño nada contra as confrarías, teñen a súa misión e creo que deberíamos pretender convivir todos e non erradicar nada, porque se non sempre hai rexeitamentos a esas políticas.
-¿Séntense apoiados pola Xunta?
-A Xunta está ben, pero ningún partido que estivo ou está nos axudou en nada. Todo foron promesas.
-¿Por exemplo?
-Temos pedido melloras para as prazas de atraque nos portos, e que non teñamos que pagar tanto os xubilados, nin ter que renovar as licenzas cada ano.
-¿Esquilma o mar a pesca deportiva?
-Iso é mentira. Segundo un estudo que fixeron é só o 0,1% do esforzo pesqueiro, pero sufrimos restricións de todo tipo. Acaban de dar a nasa libre e iso si que está destruíndo o mar día e noite. Non quixera entrar niso moito, pero a destrución do mar non ven pola sétima lista. A selectividade do anzó nunca fixo dano ao mar, xamais.
-¿Sodes vítimas dunha lenda negra?
-Si. Os que nos critican saben que non teñen razón. Sempre dixen que se extrae moito peixe, pero na pesca profesional. Deberían poñerlles axudas e reducir a flota. A pesca deportiva non fai dano. Baixaron de oito a cinco os quilos que podemos pescar e aínda así non se collen.
-¿E qué pasa cos que traen de máis?
-Se os hai, que os multen. Eu andei á altura e dábase ás veces unha escapada a augas prohibidas porque un lance servíache para defender un mes, pero cun anzó non fai falla iso. Se os ven, que os multen. Farano unha vez, non máis. Aínda que se reduza a sétima lista nun 75% non se acaba a esquilmación. Pero reducir a pesca profesional nun terzo si. O profesional busca desculparse falando da sétima lista, pero son desculpas nada máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario