jueves, 9 de junio de 2011

«Se ao final resulta que é un timo, pois algo haberá que facer»


Abraiado pola noticia que lle trasladou pola noite La Voz de Galicia, Juan José Castaño, xerente do Grupo ODL, con sede en Valga, explica que a puxa polo campanu foi no seu día «unha casualidade», e que se reserva medidas legais contra o pescador Alberto Fernández no caso de se confirmar a estafa.

-¿Tiña vostede noticia desta presunta estafa?
-Algo avanzáranme dende Asturias esta semana, pero non sabía o da detención do pescador polo Seprona.

-¿E que pensa facer agora, despois de pagar 6.000 euros por un campanu que, segundo parece, pode que non fose tal?
-Non vou facer nada mentres non se aclare o que realmente pasou, mentres o xulgado non decida se o pescador é culpable. Pero se ao final resulta que é un timo, pois algo haberá que facer, ¿non?

-¿Denunciaría a Alberto Fernández nese caso?
-Se fose unha estafa, algo habería que facer, claro.

-O seu grupo non ten moito que ver coa pesca, ¿non?
-Non, son catro empresas: Aluminios J. J. Castaño, Talleres ODL Carpintería Metálica, Inverymusic e Castaño Automatismos.

-¿E como é que acabou vostede puxando polo campanu?
-Foi unha casualidade. Temos clientes nesa zona de Asturias e fomos alí de casualidade. Despois decidimos participar na puxa e resulta que o levamos nos.

-¿É certo que o comeron os empregados do grupo?
-Non, é certo que houbo unha comida co salmón, pero foi particular, non para os empregados.

-¿E na decisión de puxar pesou a publicidade que se lle facía ás empresas?
-Si, ben, tamén iso conta, porque a publicidade nunca sobra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario