martes, 28 de febrero de 2012

A falta de enchentas pronostica unha pobre tempada de pesca



Vinte días restan para que se abra oficialmente a tempada de pesca en Galicia e, de momento, sin rastro de que chova polo que xa se prevé que non sexa unha boa campaña. «Algúns pescadores están de brazos caídos. Non é para menos. A previsión é mala. Non houbo enchentas nos últimos meses polo que non houbo cría. A día de hoxe, na maioría dos casos, se pode cruzar un río sin dificultade. O pesimismo de cara a esta campaña é total. Aínda que chova agora non se solucionará o problema. Non vai haber enchentas coma as que son propios do inverno e somos conscientes de que a tempada está perdida pero as saídas ao río faranse igual, claro. A afición está aí», sentencia José Antonio Pena Fernández presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Silleda.

E non é que a pasada tempada fose das mellores que lembren os aficionados ao deporte da caña «xa que tamén choveu pouco pero a situación é moito máis preocupante nesta ocasión, sin dúbida algunha». O máximo responsable da sociedade silledense aposto por recuperar as tostas dos muíños, cuestión que non comparten moitos técnicos, e por establecer máis zonas de pesca sin morte co gallo de aumentar a poboación troiteira. «Nós levamos dous anos, este será o terceiro, mantendo tres quilómetros de zona de pesca sin morte no que chamamos «A tosta do inglés», entre Silleda e Vila de Cruces augas arriba no río Deza, e estamos vendo que a cousa vai ben. Penso que é o camiño a seguir e sería bo implantar máis zonas destas características xa que se convirten en viveiros de cría. O futuro pasa por accións deste tipo ao haber cada vez menos peixes. A pesca sin morte é a única forma de recuperar a troita nos nosos ríos», matiza Pena.

O presidente lembra que esta é unha práctica habitual en moitos sitios de España e que mesmo a lei de pesca recolle a obrigatoriedade de practicar a pesca sin morte pola falta de auga. «Creo que dende mediados ou finais de xullo e ata setembro se establece dita acción para coidar as poboacións. Na maioría dos casos, os pescadores seguen as pautas pero tamén sempre te atopas con algún que se acerca a regatos pequenos e se incha a coller troitas, como sucedeu no pasado agosto. Así non se fai nada e non conseguiremos nunca recuperar a troita nos nosos ríos».

No hay comentarios:

Publicar un comentario