martes, 4 de octubre de 2011
Máis de 500 voluntarios participaron na IV xornada nacional de limpeza de ríos
ADEGA e Proxecto ríos organizaron un ano máis a IV Limpeza simultánea de ríos, mobilizando a máis de 50 entidades pola defensa dos nosos ríos. O sol brillou nunha xornada onde máis de 500 persoas de todo o país pasaron a mañá do domingo mollándose polos ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, nenos e nenas, maiores, grupos en grandes ríos e en pequenos regatos. Pero todas e todos tiñan o mesmo obxectivo ecoloxista e solidario. Recolléronse 10 toneladas de refugallos de todo tipo, abundando sobre todo os plásticos (garrafas, bolsas, sacos...), e até apareceron rodas, defensas de coches, lunas e asentos. Até unha moto vella que levaba anos no fondo do río. Os electrodomésticos non faltaron, e tamén algún tellado de uralita, televisións, roupa... Algúns voluntarios mesmo sacaron do río unha valla publicitaria, mentres que outros conseguiron extraer o cartaz dunha discoteca pechada hai máis dunha década. A nota necrolóxica deuse en Compostela onde apareceu unha bolsa con varios cadeliños mortos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario